Patricia Cañizares Alvarez Millo Verde slowfood
Publi página users SEOyMEDIA
Ubicación
Emprendedores y Startups
PROXECTO DE EMPRESA SOCIAL MILLO VERDE
Como educadoras e persoas fortemente vinculada ao mundo culinario, a idea empresarial do obrador artesanal Milo Verde xurdiu das carencias observadas a nivel económico e social do concello de Oia e o seu contorno, a pesares de contar con boas materias primas, tanto de produtos do mar como da terra. Ao longo dun ano aproximadamente leváronse a cabo accións de análise e investigación sobre a viabilidade e potencialidade de crear unha empresa social que puxera en valor os produtos do mar e da agricultura a través da recuperación de receitas tradicionais da zona , co fin de dar visibilidade ao concello e de desenvolver económicamente a zona a través da creación de postos de traballo a mulleres da zona rural que son as que historicamente elaboraron estes produtos. Nas accións de investigación póidose descubrir unha gran demanda destas receitas ( empanadas e outros) por parte de persoas con intolerancias e alerxias alimentarias, que é un dos obxectivos do proxecto, asi como un dos aspectos máis innovadores deste . Trátase de que este colectivo poida disfrutar de produtos frescos e de calidade que non existen no mercado, como empanadas de millo tradicionais, pan, repostería da zona (roscas e trenzas, filloas, pastel de mirabel…) e outros produtos artesanais con froitos do mar, moi difíciles de conseguir e onde atopamos un claro nicho de mercado. Queremos ofrecer as mesmas receitas mencionadas, pero adaptándoas as necesidades destas persoas, para dar resposta a unha demanda cada vez máis crecente. Por outro lado, a recuperación da empanada tradicional de millo con produtos do mar, cogumelos, etc, convértese nun piar forte do proxecto,xa que está moi valorado e hoxe en día non se atopa fácilmente no mercado. Ademáis temos un compromiso claro coas fariñas ecolóxicas e/ou non tranxénicas, polo que imos cultivar a variedade de “millo corvo”auctóctono de Galicia e desaparecido na inmensa maioría do campo. Este cultivo con gran valor nutricional e cultural, converte as nosas especialidades en produtos de gran calidade, xa que en Galicia e España en xeral a gran maioría dos cultivos son tranxénicos.
Pretendemos lanzar tres liñas:
- Linea con gluten: Empanadas de millo de froitos do mar ( polbo, xouba, ameixa, berberecho, zamburiña, algas, choco, etc), cogumelos…etc, empanadas de trigo de froitos do mar e empanadillas de froitos do mar, así coma receitas innovadoras da nosa colleita.
- Linea sen gluten: a elaboración das mesmas especialidades pero sustituíndo aqueles ingredientes que provocan os problemas de saúde e conservando os sabores, texturas e calidade dos produtos.
- Linea gourmet: Outros produtos menos tradicionais e máis innovadores como roliños de mar de fariña de arroz recheos de algas wacame e ovas de ourizo, filloas recheas de espaguetis de mar con ameixa, diferentes canapés con algas, pastel de algas con queixo de cabra e froitos secos,empanadas de millo corvo (millo autóctono recuperado en Galicia, moi preciado xa que ten moitas propiedades e o seu cultivo e moi localizado e difícil de atopar).
Queremos que noso proxecto potencie o desenvolvemento do territorio tanto do sector da pesca coma da agricultura, xa que comercializamos produtos do mar a través das nosas especialidades de zamburiña, xouba, polvo, ameixa, alga, ourizos de mar, etc, promovendo así a colaboración coas lonxas, cofradías de pescadores/as e demáis empresas de proximidade dedicadas ao sector da pesca. Ademáis un dos nosos obxetivos é ser un escaparate dos produtos da zona e así tamén contribuir á dinamización tamén a nivel turístico, e a creación de emprego nesta zona, onde as mulleres están nunha situación máis vulnerable en tódolos planos pola desigualdade de xénero, máis arrraigada se cabe, nas zonas rurais. Así queremos contribuir a autonomía das mulleres e emancipación das mulleres en tódolos niveis: persoal, cultural, social e económico.